Gañador do Concurso de Maquetas MV08: La Vaga Banda

O grupo de ska-reggae La Vaga Banda, integrado por musicos de Redondela e Vigo, proclamouse gañador do Concurso de Maquetas Millo Verde 2008 na final que disputouse o pasado venres 25 de abril na discoteca La Fábrica de Redonela. A decisión foi tomada mediante votación entre as aproximadamente duascentas persoas que asistiron á festa-concerto. Na mesma participaron, ademáis dos gañadores, os grupos NOT, metal-hardcore de Vigo, e Indana, rock alternativo-metal,de Santiago de Compostela, que puxeron ben alto o nivel do concurso.

la vaga banda

O concerto iniciouse coa actuación da banda redondelana Marxe Eskerda, grupo convidado, quenes lograron quecer o ambiente dende os primeiros acordes. De seguro que nas vindeiras edicións do Concurso de Maquetas convertiranse nun grupo a considerar.

Dende o colectivo Millo Verde queremos agradecer o comportamento e a paciencia dos catro grupos participantes, a colaboración de toda as persoas implicadas na celebración da festa-concerto e a asistencia de todas e todos as que acudístedes. Moitas gracias a todas.

Deste xeito comezamos a dar a coñecer a composción do cartel do II Festival Alternativo Millo Verde Rock’on’dela, xa que La vaga Banda obtivo, como gañador do concurso de maquetas, a súa praza.

Nos vindeiros días iremos dando a coñecer o resto de bandas, así que permañacede atentos…

Acerca de La Vaga Banda
Biografía autorizada de: La Vaga Banda

La Vaga Banda comezou a súa historia alá polo ano 2005, cando nos atopamos pola cidade Vigo, Juan (Baixo e Voz), Víctor (Guitarra e Voz), Fran (Batería) e Nacho (Guitarra). De diferentes lugares aterramos algúns, mentres que outros non sabían moi ben onde aterrar, pero o que se sabiamos era que queriamos facer música, e a iso dedicámonos. (Ao noso ritmo…)
Logo de facer moito ruído (con dous pares de noces) e gravar dúas maquetas que reflicten o que pasaba por esa época, La Vaga Banda foi reorganizando a súa formación, sumando mais persoas á gran familia.
No 2007 apareceu Miriam (Batería, frautas, gaitas, etc.), despois Vila (Trompeta), uns días mais tarde Nico (Saxo), por aí atopamos ao Peludo (Guitarra), mais os que xa estabamos.
Neste momento xa estamos iniciando esta nova reagrupación e temos a idea de seguir facendo o que nos gusta.
Poderiamos dicir as influencias ou o estilo, pero xa sabemos que todo iso son etiquetas que che obrigan a pór, para clasificar algo que non ten palabras. Gústannos moitos grupos e músicas e esta claro que todo inflúenos.
Actualmente temos varios proxectos: primeiro unha churrascada das boas, despois gravar todas as cancións con esta nova formación e logo como estamos facendo, tocar onde nos deixen.
Mandamos saúdos a todos os vagos dispersos polo mundo e como esta vida ten movemento, imos movernos con ela.
…”La vaga banda soando sempre en estereo”…

Deixanos o teu comentario