Dende o populoso barrio de Coia… Con todos vostedes… TANGHANA’S SHOW!!Pois nada, que o sábado 7 de xunho teremos no Millo Verde a participación desta excepcional orquesta hardcoreta, ganhadora o ano pasado con concurso de maquetas do Festichan.
A ver se nesta semana rematamos co rolho este de ir presentando os grupos do Millo Verde 2008, así que permanhecede atentas, que haberá novidades.

Acerca de Tanghana’s show
Tanghana´s Show é un grupo aberto nado en Vigo no ano 2005, formado por xente de distintas inquedanzas e gustos musicais, pero coa variedade e a contundencia como punto de encontro. Tras unha primeira maquetau, en xunho de 2006 grabamos o noso primeiro disco, “Por ejemplo: Hoy!!” (sen contar coa sgae, como xente honrada que somos) nos estudios Gonsound (Vigo), mezclado por Gonzalo Pedrido e coeditado polas distribuidoras independientes “Xuntos pola Mestizaxe” (Vigo), “Mais ala do sementerio” (Morrazo), “Anarxya distri”(Asturias), “Sorginkale Banaketak”(Navarra), “Sentimientos Kontra el Poder”(Getafe), “El Grillo Libertario”(Cornellá), “Distri Kañera” (Toledo). En Galiza, Pais Vasco e Navarra algunhas xa foron testemunhas do show de tanghana. Na actualidade, o grupo renovouse, incrementando a sua sección de ventos, e centrouse en idear e interpretar material novo, con forza, rabia e melancolía, cun importante componhente de hardcore. E moitas ganas de ofrecer un directo contundente, divertido e sorprendente.