Malatesta, dende Mallorca ao Millo Verde 2008

Das cinzas de La Gran Orquesta Republicana naceu hai uns meses na illa de Mallorca unha nova banda. Javier Vegas (cantante e compositor) e Jaume Salom (batería) xunto a Toni Maltraste de Bad Taste formaron Malatesta. O venres 6 de xunho poderemos disfrutar do seu ska-rock no Millo Verde 2008.

Deste xeito, damos por pechada a composición do cartel da segunda edición do festival alternativo Millo Verde - Rock’on’dela. Agardamos vervos a todos por Redondela os días 6 e 7 de xunho. E permanecde atentas, que de seguro que haberá novidades…

Deixanos o teu comentario