
BASES DO CONCURSO
1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.
2. O prazo de inscripción ábrese o 15 de Xaneiro de 2010 e finalizará o 15 de Marzal de 2010.
3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.
4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:
Concurso de maquetas MILLO VERDE
Eduardo Blanco Amor, 11 3ºE
36800, Redondela
Non se devolverá o material recibido.
5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar o 10 de Abril de 2010. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.
6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de Xuño, percibindo 300 € como contrapartida pola súa participación.





















mércores, 27. xaneiro 2010
Algunhas suxerencias para traer grupos na edición do Millo Verde deste ano:
- Los Fastidios (Verona, Italia): Rollo Talco e bastante coñecidos.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Los_Fastidios
http://www.myspace.com/losfastidiosofficialpage
http://www.losfastidios.com/
- Banda Bassotti (Roma, Italia): Os máis coñecidos
http://gl.wikipedia.org/wiki/Banda_Bassotti
http://www.myspace.com/bandabassottiband
- Skacha (Vigo, Galiza)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Skacha
http://www.myspace.com/skacha
- Patchanka (Dinmarca)
http://www.myspace.com/patchankadk
- La Raíz (Gandía, Valencia)
http://www.myspace.com/laraizband
sábado, 13. febreiro 2010
calkera dos grupos seria a hostia, inda ke banda bassoti supoño ke teran un cache bastante alto..
venres, 19. febreiro 2010
moi boas as suxerencias;)
Los Fastidios estiveron en OU fai un par de anos e son, aparte dun grupazo, boa xente!!
saúdo e bom traballo!
venres, 12. marzo 2010
Eu vin a Gatillazo en Muros o ano pasado e son o maximo, o que non sei si ai infrastructura e cartos para traelos….