Archive for the Category » Sen clasificar «

luns, xuño 01st, 2009 | Author: milloverde

O pasado xoves 28, tivo lugar unha emisión especial do programa que dirixe Xurxo Souto, dende a Radio Galega: Aberto por Reformas.

A continuación, o link cun resumo da entrevista:

ENTREVISTA RADIO GALEGA

O programa comezou pasados uns minutos das 19hs, e cunha presenza masiva de xente, expectante de escoitar as novidades que se ían a dar a conhecer en torno ao III Festival Alternativo Millo Verde.

Abriron o programa, non obstante, a charanga "Os Quintelas". Cabe lembrar que esta murga naceu hai máis de 50 anos, e que facía uns 20 anos que levaban inactivos. Este ano 2009, a Asociación Millo Verde logrou convencer a estes artistas que voltasen a subir aos escenarios, e ahí os teremos, o vindeiro domingo 7 de xunho, como peche de festival.

A continuación, o companheiro Manu-Picota foi o encargado de darnos a conhecer qué é a Disco-Tasca, ese novo concepto de bar onde tenhen cabida todo tipo de culturas, idades e personalidades!. Minutos máis tarde, continuaron a entrevista cun breve resumo da programación do Festival Millo Verde, que non hai que esquecer, se levará a cabo a vindeira fin de semana  na nosa vila (5, 6 e 7 de xunho).

Recalcáronse novamente a multitude de actividades que haberá: Jam Graffiti, micro aberto, postos divulgativos, mercado de troco, xantar popular, xogos para nen*s, xogos populares, pasarrúas, actuacións de rúa... e sen esquecer en ningún momento os principios que se mantenhen dende o ano do arranque do Festival: entrada e acampada de balde, e respeto polo entorno!.

A continuación, unha das nosas artistas internacionais, Olga Nogueira deu a conhecer as novidades musicais do entorno redondelán. Resumiu tamén a iniciativa de intercambio cultural entre Galiza e Catalunya, a Foliada,  que se levará a cabo os vindeiros  días 11, 12 e 13 de setembro. Nesta nova edición, vilas de toda Galiza (Boiro, Riveira, Cerceda, Burela), e vecinh*s de Catalunya visitarán a vila de Redondela para converter a vila dos Viaductos nun entorno de intercambio cultural e social.

Posteriormente, Olga deu paso ao grupo "Os Croquetas", que nos amenizaron cuns minutos da súa música folqui-punqui:  música folqui-punqui!.

Rematados estes intres de música desternillante, comezaba a entrevista ao polifacético Toti, quen nos explicou, entre outras cousas: a historia do LIXO ROCK (nacido hai uns quince anos cos problemas dos verquidos de lixo producidos na marisma de Redondela, diversas personas e colectivos (sobre todo o extinto Josefá) xuntáronse para amosar o seu rexeitamento a estos verquidos, a modo de poesía, esculturas de lixo, e unha jam-session onde subía a tocar quén quixera. Pasados uns anos, Toti e Pedro Vilas colleron o mando do lixo rock, ata o día de hoxe, e cada vez máis consolidado como festival musical de Redondela); A Danza das Penlas e as Espadas, na Festa da Coca (trátase da danza tradicional por excelencia en Redondela, e segundo conta a lenda: "Na enseada de San Simón habitaba un dragón que raptaba as doncelas de Redondela. Os marinheiros, enfurecidos, enfrontáronse ao mesmo, e venceron!. Trouxeron a Coca (dragón) á vila, e danzaron en torno a el, tanto os marinheiros coas súas espadas, coma as meninhas da vila, montadas sobre as nais ("burras")"

A continuación, tivemos como actuación estelar, o novo gaiteiro da citada Danza das Penlas e as Espadas, "Vento" (o gaiteiro de San Martinho de Ventosela), acompanhado, entre outros do Tamborileiro Pereira (dono da taberna "Eicho de dar queridinha"); que tocaron un pequeno tema da Danza.

Pasados uns minutos, Os Quintelas ofreceron unha nova canción do seu repertorio, neste caso, unha jota!. Unha vez rematada a canción, Xurxo Souto entrevistou aos componhentes da murga, que deron a conhecer a historia da banda, e anécdotas varias. E preparando o final do programa, tocaron o conhecido tema "La casita de papel".

Pero antes de rematar, unha última entrevista, ao grupo de hip-hop  Os trasnos de Moscoso, que xa estivera na I Edición do Festival MILLO VERDE.

Como fin de programa, en primeiro lugar cantouse o himno máis conhecida en Redondela, a canción de Xan Carallás (Xan Carallás). Rematada a canción, pechouse o programa cun último tema de Os Quintelas!.

Fin da emisión!, dunha tarde de festa, de alegría, e de... Radio-Transportación ao "PLANETA REDONDELA"!!!!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

sábado, maio 30th, 2009 | Author: milloverde

A III Edición do Festival Alternativo MILLO VERDE arranca no entorno da alameda de redondela cunha JAM GRAFFITI. Trátase dunha exposición de arte gráfica urbana ("graffiti), na que convidaremos a diversos artistas do spray para que mostren en directo as  suas creacións. Asímesmo, e paralela a esta obra artística, poremos no palco da música un espazo de micro aberto, para todo aquel que queira expresar a súa música.

View MV09: JAM GRAFFITI in a larger map

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mércores, maio 27th, 2009 | Author: milloverde

Outro ano máis, e xa nesta III Edición, queremos novamente recalcar que tódalas actuacións serán de balde.
Do mesmo xeito, poderedes disfrutar de xeito totalmente gratuito dunha zona de acampada
acondicionada e preto da zona de festival.

Amosamos o mapa destas ubicacións!:


View MILLO VERDE 2009: Zona Acampada / Festival in a larger map

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
martes, abril 28th, 2009 | Author: milloverde

A esperada final do Concurso de Maquetas, deu comezo a iso das 11 da noite, na antiga feira do gando, o pasado 18 de abril. Abriron esta final o grupo redondelán Beatus Ille, que aínda que participaba como grupo convidado fóra de concurso, desenvolveu enriba do escenario un gran concerto.

Ao remate desta actuación, deu por comezado o Concurso, participando os grupos Estado de Sitio (Porrinho), Skandalo GZ (Ponteareas) e Grand's (Moanha).

Foron unhas 4 horas de concertos intensas, con gran variedade musical, e un alto nivel nos participantes. Os máis de 300 asistentes, puideron comprobalo en primeira persona, e ao remate do Concurso, despois da necesaria votación, deuse como ganhador ao grupo de Ponteareas Skandalo GZ.

Este grupo será o encargado de abrir os concertos de noite que se celebrarán os vindeiros 5, 6 e 7 de xunho na III Edición do Festival Alternativo Millo Verde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
venres, abril 17th, 2009 | Author: milloverde

O vindeiro sábado 18 de abril prodúcese o pistoletazo de saída da 3ª edición do Festival Alternativo Millo Verde, desta vez coa celebración do II Concurso de Maquetas Millo Verde.

Este Concurso iniciouse a comezos de febreiro, rematando a presentación de traballos o 22 de marzal, e despois de ter que ampliar o prazo da mesma en unha semana, debido ás solicitudes de varios grupos.

Cabe sinalar que nesta segunda edición, o número de traballos presentados foi de máis do doble dos xa recibidos na anterior edición do ano 2008. Asímesmo, existiu unha grande calidade musical, variedade en estilos, así como na procedencia dos mesmos (recibíronse traballos de A Corunha, San Sadurninho, O Pino, Santiago de Compostela, Vedra, Monterroso, Ribadeo, Sarria, A Estrada, Bueu, Marin, Moanha, Ponteareas, Pontevedra, Porrinho, Redondela, Vigo...).

Dez días despois de rematar o prazo de recepción de traballos déronse a conhecer os tres finalistas. Esta decisión tomouse despois de que un total de quince personas escoitaran varias veces o total das maquetas presentadas, e votaran en función de diversos criterios. Cabería sinalar tamén que neste punto houbo moita igualdade na “parte alta” dos resultados finais, co que se puido garantizar novamente o alto nivel dos grupos presentados.

E aínda que nos gustaría que o número de finalistas fose maior, só puidemos incluir aos tres primeiros clasificados. Estes finalistas, que serán os que deleitarán ao público o vindeiro sábado 18 de abril foron: Grands (Rap/Hip Hop – Moanha), Skandalo GZ (Punk/Ska – Ponteareas), e Estado de Sitio (Rock – Porrinho).

Unha das novidades desta segunda edición será a ubicación do concerto. Desta vez desenvolverase na antiga Feira do Gando de Redondela, nunha zona ás aforas da vila, e con capacidade para recibir a todas aquelas personas que queran achegarse a disfrutar desta final.

A apertura de portas producirase ás 21hs, e unha hora despois, ás 22hs, dará comezo o concurso.

Outra das novidades será a inclusión na final dun grupo local, da vila de Redondela, que participará fóra de cartel. Trátase, neste caso do grupo de Hip Hop Beatus Ille. O motivo de que participe é que aínda que non foi un dos finalistas, sí foi o grupo de Redondela mellor valorado, polo que a Asociación Millo Verde considerou acertado que participase no concerto-final, aínda que fóra de concurso.

Polo tanto, a partir das 21hs, as portas abriranse para recibir ao público asistente. A entrada custará 2€, con unha consumición mínima incluída, así como dereito a voto para decidir o grupo ganhador. O resultado deste ganhador darase a conhecer ao rematar o concerto-final, momento no que se recollerán os votos de cada asistente.

Asímesmo, ao longo de todo o concerto, e mediante proxeccións, se irá informando ao público asistente sobre as novidades que presentará a 3ª Edición do Festival Alternativo Millo Verde, que terá lugar os vindeiros 5, 6 e 7 de Xunho, en Redondela.


Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
venres, xaneiro 30th, 2009 | Author: milloverde

Outro ano máis, e despois da grande aceptación recibida na edición anterior (17 maquetas presentadas), a Asociación Millo Verde presenta o Concurso de Maquetas Millo Verde 2009.
As bases para esta edición son as seguintes:

1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.
2 . O prazo de inscripción ábrese o 1 de Febreiro de 2009 e finalizará o 15 de Marzal de 2009.
3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.
4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:

Concurso de maquetas MILLO VERDE 2009
Isidoro Queimaliños, 24
36800, Redondela

Non se devolverá o material recibido.

5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar a finais de Abril de 2009. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.

6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde 2009, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de Xuño, percibindo 300 € como contrapartida pola súa participación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google