Concertos Sábado

POR RAZÓNS ALLEAS A ORGANIZACIÓN DO FESTIVAL, A FAMILIA ISKARIOTE NON PODERÁ ASISTIR FINALMENTE A ESTA EDICIÓN, DESCULPADE AS MOLESTIAS


TERBUTALINA  Gastropunk  Braga,Portugal

Terbutalina é monógama. Terbutalina é promiscua. Terbutalina é herba fina. Terbutalina fai gastropunk: o punk morreu e comeuno a Terbutalina. Terbulina é un polbo da Ría e unha rubia galega compartindo cama. Terbutalina son cinco asmáticos que só respiran ao comezo e ao final dos concertos. Terbutalina son todas as rotondas do país dentro dunha androia. Terbutalina significa hostias para todos (e para ti tamén). Terbutalina é como o pene de Garrincha. Terbutalina posúe a elegancia do ourizo. Terbutalina non é de Botswana nin é un paquidermo. Terbutalina ten fame porque o comeu todo Antón Reixa (tremendo papadón). Terbutalina comeza onde o deixou Ana Kiro. Terbutalina ten formigas nas bragas e quere que bailes.

Bailen, hostia! Bailen!

Descarga o novo EP “Hostias para todos” Aquí

GUINTERVAN  Folk/música balcánica/ fusión   Galiza

 Esta é a Historia de catro músicos profesionais que se xuntaron para tocar o que realmente lles gusta, ca idea a priori de levar o proxecto en paralelo ós outros proxectos musicais. Güintervan, automaticamente convirtese nun soño feito realidade: tocan o que queren e o público os quere. Disfrutan máis que nunca nos seus concertos.

A excéntrica mistura de melodías balcánicas, ritmos máxicos, harmonias infernais velocidade extrema e letras en galego é a seña de identidade do grupo.

CHOTOKOEU Reggae/ Drum & bass /Ska    Galiza

 A Chotokoeu gústalles a música fresca, pola mañá, á hora de comer e pola noite ata a madrugada.

Por iso non se pechan a ningún estilo de música. Intentan facela sempre para disfrutar e facer pasar un bo rato a quen os vaia a ver; onde sexa e cando sexa. Sempre fan un concerto diferente.

Os seus temas mezclan distintos estilos que van dende a Rumba latina, Reggae, Ska, ou o Drum & Bass e Dubstep máis tolos. Ademáis da música, introducen momentos teatrais e de malabares que axudan a que ninguén do público se quede fora da festa.

A intención e clara, facer un pouco máis feliz á xente

KAOPHONIC TRIBU   Psicodelia/Trance/Étnica  Marsella

Permanezcan atentos!

Cinco magos procedentes de Marsella xeneran unha corrente eléctrica de alta intensidade. O choque cultural poderá orixinar o KAOS!

Diferentes ritmos africanos, didgeridoo aborixen, canciones étnicas, acordes occidentais, aullidos…

Máis que nunca ao servizo da danza e do trance, Kaophonic Tribu chega a Redondela coa intención de electrocutala. A experiencia será frenética, sonora e visual.

Unha viaxe sensorial de iniciación que transporta a unha xungla húmeda, eléctrica e primitiva.

Tenha coidado co ELECTROSHOCK

 

 

Unha reflexión sobre “Concertos Sábado

  1. chotokoeu es un buen grupo,tube la suerte de hacerles el sonido en directo una vez!
    kaophonic tribu tiene una pinta que se me cae la baba!
    alli estaremos!

Os comentarios están pechados.