Concertos Venres

INVIVO  /Metal Crú/   Santiago de Compostela

Banda galega de metal crú formada en 2006 e composta por Mario César á voz e guitarra, Roberto Couto ás guitarras, Roberto Filgueira ao baixo e segundas voces e Ricardo González á batería.

Tras ducias de concertos nas súas costas en 2011 presentan o seu segundo disco, Dogma (ACI), gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico nos estudos Pousada Son. Ese mesmo ano ceden o tema 1940 para o compilatorio de metal galego Camaradas do Metal ! ! #Vol. 1 e revisan o Sementa dos Skacha no disco Canta historia na barriada, tributo á banda punk-rock viguesa.

 

 

LOS HILLBILLY MONGOWS  /Hillbilly/bluegrass/    Zaragoza

The Hillbilly Mongows é unha banda desas que lles dá igual arre que so, de motor fora borda e chocolate con porras. Formada en Zaragoza por 5 amigos das salchichas e o embutido caro, o seu repertorio nútrese de clásicos do Rock e do Pop, trasladados ao Country e ao Bluegrass cunha total falta de vergonha. Comezaron a súa carreira en San José e Las Deliciaspara estenderse rapidamente ata o mesmo centro de Zaragoza, abrigo a zona do Paseo Independencia por onde se lles pode ver abrindo algún rexistro de augas.

Na súa nova gravación, recén editada polo prestixioso selo Racoon Records, tratan por igual os clásicos do xénero como «Just Because de Elvis Presley» ou «Jambalaya» de Hank Williams como «Bad Romance» de Lady Gaga ou «All the Single Ladies» de Beyoncé: a toda velocidade. O seu produtor, Rick Rubin Simio, primou a velocidade sobre a cantidade, e sendo esta abundante, podemos facernos unha idea de por onde van as marcas próximas á elite olímpica; A todo ostia!

Un grupo que gusta por igual a fregaplatos que a empregados de gasolineira, que che pon a pel de galiña como unha tuba na media noite, como un camión de lixo nun balneario, como un neno fumándose un faria…

Os seus concertos son celebracións hillbilly dunha música, o bluegrass que cun pé no pasado, avanza con paso firme cara ao futuro.

     DIOS KE TE CREWRap/Fusión/Hip Hop    Ordes

Dios ke te crew é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Hoxe en día forman un colectivo de graffiti,breakdance, djs e rap. Todas estas vertentes do hip hop xúntanse nas actuacións en directo do grupo onde é habitual presenciar graffiteros pintando pezas ao fondo do escenario e bailes de breakdance mentres a parte musical do grupo interpreta os seus temas.

 THE FREAK FANDANGO ORQUESTRA Folk/Polca/Punk rock/   Barcelona

O conxunto internacional The Freak Fandango Orchestra é un grupo nacido no ano 2006 en Barcelona. A súa música é un cóctel de enerxía que mestura o folk, a polca, a música xitana dos balcanes e o punk-rock. Influenciado por artistas como Emir Kusturica And The No Smoking Orchestra, Goran Bregovi e Gogol Bordello. Usan unha gama moi variada de instrumentos, entre eles: guitarra, baixo, batería, violín, acordeón, saxo, trompeta e percusión.

Dende o ano 2007 tocan regularmente en Barcelona e arredores pero tamén actuaron en escenarios internacionais. Así por exemplo foron invitados ao New York Gypsy Festival 2011.

No ano 2009 publicaron o seu primeiro EP “Love, Death And A Drunken Monkey” e no ano 2011 o segundo EP chamado “Tales Of A Dead Fish”. Todas as cancións están baixo licenza Creative Commons que permite a libre distribución e o uso segundo as normas desa licenza.

No ano 2012, unha das cancións do albúm “Tales of a Dead Fish” foi usada pola compañía de ballet “Ballet Nouveau Colorado” de Broomfield, Colorado en EUA para a súa obra “Love in the Digital Age”

TURTL3 B2B AFTER APHEX                    (Untitled / Portugal)

Turtl3 & After Aphex dous djs, produtores e promotores de Guimarães (Capital europeia de cultura 2012) Portugal.
Contan xa con varios traballos propios editados en selos de todo o mundo : Qor3 records, Infectech records, Nu:gen etc.
Aparte de esto en directo as suas habilidades xa os levaron do norte ao sur de Portugal en grandes salas como “Teatro Sa da Bandeira” (O Porto), “Tuatara” (Lisboa), “Europa” (Lisboa), tras outras actuacións en cidades como Barcelona, Valencia, Zaragoza, etc, actuando ao lado de grandes nomes do Drum & bass como Dj Marky, Dj Krust, Dj Friction, Sub Focus, Noisia, Current Value,etc..
Para o Festival Alternativo Millo Verde prepararán unha sesión b2b a 3 decks e live act.

3 reflexións sobre “Concertos Venres

  1. Simplemente magnifico;Este ano tampouco faltarei, nos vemos polol millo verde…
    Xa tiña boas ganas de Festivais

  2. ei,ahi estaremos a xente de Alcabre coma sempre,disfrutando do noso festivaleiros….MOITO MILLO!!!!!!!!

Os comentarios están pechados.