Programación rúa

 VENRES 1 de xunho


16:00 – 21:00 JAM GRAFFITI

 

O arte do graffiti estará representado por  artistas urbanos que nos achegarán en vivo as distintas técnicas de esta expresión artística, acompañados por música e voz en directo.

 16:00 CAMPIONATO DE BASKET 3X3

Fase de grupos do campionato de baloncesto ao aire libre de 3 contra 3 a unha soa canastra. Requírese inscripción previa.

18:00 – 20:00 OBRADOIRO DE ESPANTALLO

A asociación Xoeira organiza un obradoiro dirixido aos/as cativos/as onde, partindo de materiais de refugallo, crearán un espantallo.

 

20:00 MAXIA. Eloy Crespo

O mago redondelá nós ofrece o se novo espectáculo “Cartas sinceiras nunha hora de engano” no que romperá os códigos tradicionais na súa loita por entreter sen tolear e sobrevivir ao intento.


SÁBADO 2 de xunho

09:00 – 15:00 FEIRA VERDE.

Mercado de sementes e productos ecolóxicos de productores da comarca

16:00 – 21:00 JAM GRAFFITI.

O arte do graffiti estará representado por recoñicid@s artistas onde nos achegarán en vivo as distintas técnicas de esta expresión artística, acompañados por música e voz en directo.

16:00 BASKET 3×3 Fase eliminatoria.

Fase final do campionato de baloncesto con equipos de tres xogadores a media pista. Final ás 20:00.


16:00 – 20:00 OBRADOIRO DE GUITARRA

Con materiais reciclados como latas de conservas e madeiras crearemos unha guitarra.

16:30-21:30 ESKALABIRRAS

 

Serás capaz de coroar a cima do Millo Verde? Apila caixas de cervexa ata chegar a 15 ou “caer” no intento.

 

18:00 PASARRÚAS: A treboada do ghato

A treboada é unha agrupación instrumental que soamente existiu tradicionalmente na comarca Baixo Miño, composta por unha gaita, unha caixa e varios tambores, este pasarrúas fará vibrar as rúas de redondela ao seu paso.

18:30 CONCERTO DE “La familia Montoya”

 

A familia redondelá amosará un forte directo propio do flamenco e da rumba, onde se misturarán o cante, o baile e as palmas.

19:30 PASARRÚAS: Orquesta Chatarra

Unha charanga de 15 persoas con instrumentos feitos con materias reciclados adestrarán aos presentes para os concertos da noite.

20:30 ARTISTA DE RÚA: Leidy Maharet

Clown, malabares, acrobacias, escapismo, maxia e lume son as armas que esta “zíngara” empregará para cautivar ao público.


Unha reflexión sobre “Programación rúa

  1. Hola me gustaría saber como puedo montar un puesto de bisutería artesanal en este evento,gracias

Os comentarios están pechados.