Camisetas Millo Verde 2008

http://img507.imageshack.us/img507/66/camisetadj0.jpg

Xa temos listas as camisetas do Millo Verde 2008 Rock’on’dela.  Se queredes unha non tedes máis que falar con calquera dos membros do colectivo, ou mercala por aí (irémola deixando durante os vindeiros días nos sitos habituais), ou asistir o vindeiro venres 25 á final do concurso de maquetas. Se estades moi lonxe tamén podedes escribirnos a asociacionmilloverde(a)gmail.com, e xa veremos como vola facemos chegar. Por certo, que o prezo é de 10 eurinhos de nada, que van totalmenete destinados á financiación do festival, e que temos dodas as talhas que se vos poidan imaxinar.

Comentarios

Final do Concurso de Maquetas

Xa podemos anunciar que a final do corcurso de maquetas celebrarase o día 25 na discoteca la Fábrica de Redondela. Ademáis dos tres finalistas: Indana, N.O.T. e La Vaga Banda contaremos coa participación como grupo invitado e fora de concurso do grupo resondelán Marxe Eskerda. A hora de inicio será as 22:00 h. Agardamos vervos a todos alí.

Comentarios (1)

Finalistas do concurso de maquetas

Despois de sesudas deliberacións xa temos o resultado das votacións. Xa temos seleccionados os tres finalistas do Concurso de Maquetas Millo Verde 2008. Aí van por orde alfabética:

Indana

Rock / Alternativa / Metal - Santiago de Compostela

N.O.T.

Metal / Hardcore - Vigo

La Vaga Banda

Ska / Punk / Reggae - Vigo / Redondela

Volvemos a mostrar todo o noso agradecemento a todos os grupos participantes e o recoñecemento que se merecen os seus traballos. Durante esta semana irémonos pondo en contacto cos grupos seleccionados para ir preparando a festa-final que en principio celebrarase o día 25 de abril. Agardamos vervos a tod@s alí.

Comentarios (9)

Concurso de maquetas. Recepción pechada

Despois de agardar uns días por si quedaba algo no correo, decidimos dar por pechada a recepción de traballos para o concurso de maquetas. A partir de agora tócanos escoitar todos os discos recibidos e cales serán os tres finalistas. Agardamos decidilo esta semana, polo que a vindeira anunciaremos cales son os tres finalistas, polos que poderedes votar na festa-final que ssse celebrara durante o mes de abril.

Polo de agora nada máis que agradecer a súa participación aos 17 grupos presentados e animarvos a todos a que vos dedes un paseo polas súas páxinas web ou myspace:

Antisozial GZ, B.B. Davie & The Smokers, Baldosa Amarilla, Beatus Ille, Belöp, Demetrius, Dreems of Dolly sheep, Los Gold Fox, Indana, Kallaikoi, La Vaga Banda, Leite de nai, Los Marcianos, Marxe Eskerda, N.O.T., Sleeping Luck, Xeomantica

Comentarios (2)

Pechado o prazo de presentación de maquetas

Onte acabouse o prazo de presentación de traballos para o I Concurso de Maquetas Millo Verde 2008. Recibimos en total dezasete traballos provintes de toda Galiza, todos eles dunha calidade que superou con creces as nosas espectativas. Antes de decidir os finalistas agardaremos uns días máis por se quedou algo en correos que ainda non chegase. Os finalistas serán anunciados no blog e a final celebrarase a finais de abril.

Por certo, que como sabedes o gañador do Concurso incorporarase ao cartel do Festival. Así que esperamos poder anunciar a composición do mesmo unha vez celebrada a final. O resto de grupos participantes están prácticamente pechados e a cousa promete.

Pois nada, agradecer a todo os grupos o interés mostrado e que esperamos vervos a todos na final… Un saúdo.

Comentarios

Prazo concurso de maquetas Millo Verde 2008

Cada día estan a chegar máis maquetas. Posto que non queremos que ninguén se quede fora, e dado que xa máis de un nos comentou que non sabería se podería ter lista a maqueta para o día 28, decidimos aumentar o prazo de presentación dos traballos ata o día 15 de marzo. E nin un dia máis.

Comentarios (2)

Concurso de maquetas

As bases do concurso de maquetas son as seguintes:

1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.

2. O prazo de inscripción ábrese o 1 de Febreiro de 2008 e finalizará o 28 de Febreiro de 2008.

3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.

4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:

Concurso de maquetas MILLO VERDE 2008
Isidoro Queimaliños, 24
36800, Redondela

Non se devolverá o material recibido.

5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar a finais de Abril de 2008. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.

6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde 2008, percibindo 200 € como contrapartida pola súa participación.

Comentarios

DATAS MILLO VERDE 2008

Xa sabemos as datas da vindeira edición do festival Millo Verde. Se non pasa nada verémonos en Redondela os días 6 e 7 de Xunho.

Comentarios (2)

Vídeos Millo Verde 2007

Aí van varios vídeos da primeira edición do festival que atopamos pululando por internet. Se alguén ten algún tipo de material do Millo Verde 2007 (videos, fotos, etc), agradeceriamos nolo enviasen á dirección de correo: asociacionmilloverde@gmail.NONSPAM.com (o de NONSPAM non o tedes que por…) para poder publicalo no blog.

Bicos

Supa Scoopa

The Silence

Comentarios

Millo Verde 2008 - Rockondela

logo_fondo

Xa está en marcha a segunda edición do festival alternativo Millo Verde. En breve teredes moitas máis novas sobre o mesmo. Permanecede atentas…

Comentarios

Anotacións seguintes » · « Anotacións Anteriores