Camisetas Millo Verde 2008

Xa temos listas as camisetas do Millo Verde 2008 Rock’on’dela. Se queredes unha non tedes máis que falar con calquera dos membros do colectivo, ou mercala por aí (irémola deixando durante os vindeiros días nos sitos habituais), ou asistir o vindeiro venres 25 á final do concurso de maquetas. Se estades moi lonxe tamén podedes escribirnos a asociacionmilloverde(a)gmail.com, e xa veremos como vola facemos chegar. Por certo, que o prezo é de 10 eurinhos de nada, que van totalmenete destinados á financiación do festival, e que temos dodas as talhas que se vos poidan imaxinar.









