Tag-Archive for » concurso «

venres, xaneiro 08th, 2010 | Author: milloverde

3eiro

BASES DO CONCURSO

1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.

2. O prazo de inscripción ábrese o 15 de Xaneiro de 2010 e finalizará o 15 de Marzal de 2010.

3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.

4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:

Concurso de maquetas MILLO VERDE

Eduardo Blanco Amor, 11 3ºE

36800, Redondela

Non se devolverá o material recibido.

5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar o 10 de Abril de 2010. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.

6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de Xuño, percibindo 300 € como contrapartida pola súa participación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
martes, abril 28th, 2009 | Author: milloverde

A esperada final do Concurso de Maquetas, deu comezo a iso das 11 da noite, na antiga feira do gando, o pasado 18 de abril. Abriron esta final o grupo redondelán Beatus Ille, que aínda que participaba como grupo convidado fóra de concurso, desenvolveu enriba do escenario un gran concerto.

Ao remate desta actuación, deu por comezado o Concurso, participando os grupos Estado de Sitio (Porrinho), Skandalo GZ (Ponteareas) e Grand's (Moanha).

Foron unhas 4 horas de concertos intensas, con gran variedade musical, e un alto nivel nos participantes. Os máis de 300 asistentes, puideron comprobalo en primeira persona, e ao remate do Concurso, despois da necesaria votación, deuse como ganhador ao grupo de Ponteareas Skandalo GZ.

Este grupo será o encargado de abrir os concertos de noite que se celebrarán os vindeiros 5, 6 e 7 de xunho na III Edición do Festival Alternativo Millo Verde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
venres, abril 17th, 2009 | Author: milloverde

O vindeiro sábado 18 de abril prodúcese o pistoletazo de saída da 3ª edición do Festival Alternativo Millo Verde, desta vez coa celebración do II Concurso de Maquetas Millo Verde.

Este Concurso iniciouse a comezos de febreiro, rematando a presentación de traballos o 22 de marzal, e despois de ter que ampliar o prazo da mesma en unha semana, debido ás solicitudes de varios grupos.

Cabe sinalar que nesta segunda edición, o número de traballos presentados foi de máis do doble dos xa recibidos na anterior edición do ano 2008. Asímesmo, existiu unha grande calidade musical, variedade en estilos, así como na procedencia dos mesmos (recibíronse traballos de A Corunha, San Sadurninho, O Pino, Santiago de Compostela, Vedra, Monterroso, Ribadeo, Sarria, A Estrada, Bueu, Marin, Moanha, Ponteareas, Pontevedra, Porrinho, Redondela, Vigo...).

Dez días despois de rematar o prazo de recepción de traballos déronse a conhecer os tres finalistas. Esta decisión tomouse despois de que un total de quince personas escoitaran varias veces o total das maquetas presentadas, e votaran en función de diversos criterios. Cabería sinalar tamén que neste punto houbo moita igualdade na “parte alta” dos resultados finais, co que se puido garantizar novamente o alto nivel dos grupos presentados.

E aínda que nos gustaría que o número de finalistas fose maior, só puidemos incluir aos tres primeiros clasificados. Estes finalistas, que serán os que deleitarán ao público o vindeiro sábado 18 de abril foron: Grands (Rap/Hip Hop – Moanha), Skandalo GZ (Punk/Ska – Ponteareas), e Estado de Sitio (Rock – Porrinho).

Unha das novidades desta segunda edición será a ubicación do concerto. Desta vez desenvolverase na antiga Feira do Gando de Redondela, nunha zona ás aforas da vila, e con capacidade para recibir a todas aquelas personas que queran achegarse a disfrutar desta final.

A apertura de portas producirase ás 21hs, e unha hora despois, ás 22hs, dará comezo o concurso.

Outra das novidades será a inclusión na final dun grupo local, da vila de Redondela, que participará fóra de cartel. Trátase, neste caso do grupo de Hip Hop Beatus Ille. O motivo de que participe é que aínda que non foi un dos finalistas, sí foi o grupo de Redondela mellor valorado, polo que a Asociación Millo Verde considerou acertado que participase no concerto-final, aínda que fóra de concurso.

Polo tanto, a partir das 21hs, as portas abriranse para recibir ao público asistente. A entrada custará 2€, con unha consumición mínima incluída, así como dereito a voto para decidir o grupo ganhador. O resultado deste ganhador darase a conhecer ao rematar o concerto-final, momento no que se recollerán os votos de cada asistente.

Asímesmo, ao longo de todo o concerto, e mediante proxeccións, se irá informando ao público asistente sobre as novidades que presentará a 3ª Edición do Festival Alternativo Millo Verde, que terá lugar os vindeiros 5, 6 e 7 de Xunho, en Redondela.


Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
venres, abril 03rd, 2009 | Author: milloverde

Unha vez rematado o prazo de recepción de maquetas, e despois das pertinentes delibaracións (levadas a cabo por quince personas), xa temos seleccionados os tres finalistas do 2º Concurso de Maquetas Millo Verde 2009. Estes finalistas, por orde alfabética, son:

Estado de Sitio

Rock - O Porrinho

Grand's

Rap / Hip Hop - Moanha

Skandalo GZ

Punk / Ska - Ponteareas

Novamente, queremos agradecer a tódolos grupos a súa participación, e reconhecer o seu esforzo e traballo.

En breve daremos máis información da final que terá lugar o vindeiro 18 de abril, ás 22hs, na antiga Feira do Gando, de Redondela.

Agardamos vervos a tod@s alí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
sábado, abril 26th, 2008 | Author: milloverde

O grupo de ska-reggae La Vaga Banda, integrado por musicos de Redondela e Vigo, proclamouse gañador do Concurso de Maquetas Millo Verde 2008 na final que disputouse o pasado venres 25 de abril na discoteca La Fábrica de Redonela. A decisión foi tomada mediante votación entre as aproximadamente duascentas persoas que asistiron á festa-concerto. Na mesma participaron, ademáis dos gañadores, os grupos NOT, metal-hardcore de Vigo, e Indana, rock alternativo-metal,de Santiago de Compostela, que puxeron ben alto o nivel do concurso.

la vaga banda

O concerto iniciouse coa actuación da banda redondelana Marxe Eskerda, grupo convidado, quenes lograron quecer o ambiente dende os primeiros acordes. De seguro que nas vindeiras edicións do Concurso de Maquetas convertiranse nun grupo a considerar.

Dende o colectivo Millo Verde queremos agradecer o comportamento e a paciencia dos catro grupos participantes, a colaboración de toda as persoas implicadas na celebración da festa-concerto e a asistencia de todas e todos as que acudístedes. Moitas gracias a todas.

Deste xeito comezamos a dar a coñecer a composción do cartel do II Festival Alternativo Millo Verde Rock'on'dela, xa que La vaga Banda obtivo, como gañador do concurso de maquetas, a súa praza.

Nos vindeiros días iremos dando a coñecer o resto de bandas, así que permañacede atentos...

Acerca de La Vaga Banda
Biografía autorizada de: La Vaga Banda

La Vaga Banda comezou a súa historia alá polo ano 2005, cando nos atopamos pola cidade Vigo, Juan (Baixo e Voz), Víctor (Guitarra e Voz), Fran (Batería) e Nacho (Guitarra). De diferentes lugares aterramos algúns, mentres que outros non sabían moi ben onde aterrar, pero o que se sabiamos era que queriamos facer música, e a iso dedicámonos. (Ao noso ritmo...)
Logo de facer moito ruído (con dous pares de noces) e gravar dúas maquetas que reflicten o que pasaba por esa época, La Vaga Banda foi reorganizando a súa formación, sumando mais persoas á gran familia.
No 2007 apareceu Miriam (Batería, frautas, gaitas, etc.), despois Vila (Trompeta), uns días mais tarde Nico (Saxo), por aí atopamos ao Peludo (Guitarra), mais os que xa estabamos.
Neste momento xa estamos iniciando esta nova reagrupación e temos a idea de seguir facendo o que nos gusta.
Poderiamos dicir as influencias ou o estilo, pero xa sabemos que todo iso son etiquetas que che obrigan a pór, para clasificar algo que non ten palabras. Gústannos moitos grupos e músicas e esta claro que todo inflúenos.
Actualmente temos varios proxectos: primeiro unha churrascada das boas, despois gravar todas as cancións con esta nova formación e logo como estamos facendo, tocar onde nos deixen.
Mandamos saúdos a todos os vagos dispersos polo mundo e como esta vida ten movemento, imos movernos con ela.
..."La vaga banda soando sempre en estereo"...
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
domingo, abril 06th, 2008 | Author: milloverde

Xa podemos anunciar que a final do corcurso de maquetas celebrarase o día 25 na discoteca la Fábrica de Redondela. Ademáis dos tres finalistas: Indana, N.O.T. e La Vaga Banda contaremos coa participación como grupo invitado e fora de concurso do grupo resondelán Marxe Eskerda. A hora de inicio será as 22:00 h. Agardamos vervos a todos alí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mércores, abril 02nd, 2008 | Author: milloverde

Despois de sesudas deliberacións xa temos o resultado das votacións. Xa temos seleccionados os tres finalistas do Concurso de Maquetas Millo Verde 2008. Aí van por orde alfabética:

Indana

Rock / Alternativa / Metal - Santiago de Compostela

N.O.T.

Metal / Hardcore - Vigo

La Vaga Banda

Ska / Punk / Reggae - Vigo / Redondela

Volvemos a mostrar todo o noso agradecemento a todos os grupos participantes e o recoñecemento que se merecen os seus traballos. Durante esta semana irémonos pondo en contacto cos grupos seleccionados para ir preparando a festa-final que en principio celebrarase o día 25 de abril. Agardamos vervos a tod@s alí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
martes, marzo 25th, 2008 | Author: milloverde

Despois de agardar uns días por si quedaba algo no correo, decidimos dar por pechada a recepción de traballos para o concurso de maquetas. A partir de agora tócanos escoitar todos os discos recibidos e cales serán os tres finalistas. Agardamos decidilo esta semana, polo que a vindeira anunciaremos cales son os tres finalistas, polos que poderedes votar na festa-final que ssse celebrara durante o mes de abril.

Polo de agora nada máis que agradecer a súa participación aos 17 grupos presentados e animarvos a todos a que vos dedes un paseo polas súas páxinas web ou myspace:

Antisozial GZ, B.B. Davie & The Smokers, Baldosa Amarilla, Beatus Ille, Belöp, Demetrius, Dreems of Dolly sheep, Los Gold Fox, Indana, Kallaikoi, La Vaga Banda, Leite de nai, Los Marcianos, Marxe Eskerda, N.O.T., Sleeping Luck, Xeomantica

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
luns, marzo 17th, 2008 | Author: milloverde

Onte acabouse o prazo de presentación de traballos para o I Concurso de Maquetas Millo Verde 2008. Recibimos en total dezasete traballos provintes de toda Galiza, todos eles dunha calidade que superou con creces as nosas espectativas. Antes de decidir os finalistas agardaremos uns días máis por se quedou algo en correos que ainda non chegase. Os finalistas serán anunciados no blog e a final celebrarase a finais de abril.

Por certo, que como sabedes o gañador do Concurso incorporarase ao cartel do Festival. Así que esperamos poder anunciar a composición do mesmo unha vez celebrada a final. O resto de grupos participantes están prácticamente pechados e a cousa promete.

Pois nada, agradecer a todo os grupos o interés mostrado e que esperamos vervos a todos na final... Un saúdo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
venres, febreiro 22nd, 2008 | Author: milloverde

Cada día estan a chegar máis maquetas. Posto que non queremos que ninguén se quede fora, e dado que xa máis de un nos comentou que non sabería se podería ter lista a maqueta para o día 28, decidimos aumentar o prazo de presentación dos traballos ata o día 15 de marzo. E nin un dia máis.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
sábado, febreiro 16th, 2008 | Author: milloverde

As bases do concurso de maquetas son as seguintes:

1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.

2. O prazo de inscripción ábrese o 1 de Febreiro de 2008 e finalizará o 28 de Febreiro de 2008.

3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.

4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:

Concurso de maquetas MILLO VERDE 2008
Isidoro Queimaliños, 24
36800, Redondela

Non se devolverá o material recibido.

5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar a finais de Abril de 2008. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.

6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde 2008, percibindo 200 € como contrapartida pola súa participación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google