O pasado xoves 28, tivo lugar unha emisión especial do programa que dirixe Xurxo Souto, dende a Radio Galega: Aberto por Reformas.
A continuación, o link cun resumo da entrevista:
O programa comezou pasados uns minutos das 19hs, e cunha presenza masiva de xente, expectante de escoitar as novidades que se ían a dar a conhecer en torno ao III Festival Alternativo Millo Verde.
Abriron o programa, non obstante, a charanga "Os Quintelas". Cabe lembrar que esta murga naceu hai máis de 50 anos, e que facía uns 20 anos que levaban inactivos. Este ano 2009, a Asociación Millo Verde logrou convencer a estes artistas que voltasen a subir aos escenarios, e ahí os teremos, o vindeiro domingo 7 de xunho, como peche de festival.
A continuación, o companheiro Manu-Picota foi o encargado de darnos a conhecer qué é a Disco-Tasca, ese novo concepto de bar onde tenhen cabida todo tipo de culturas, idades e personalidades!. Minutos máis tarde, continuaron a entrevista cun breve resumo da programación do Festival Millo Verde, que non hai que esquecer, se levará a cabo a vindeira fin de semana na nosa vila (5, 6 e 7 de xunho).
Recalcáronse novamente a multitude de actividades que haberá: Jam Graffiti, micro aberto, postos divulgativos, mercado de troco, xantar popular, xogos para nen*s, xogos populares, pasarrúas, actuacións de rúa... e sen esquecer en ningún momento os principios que se mantenhen dende o ano do arranque do Festival: entrada e acampada de balde, e respeto polo entorno!.
A continuación, unha das nosas artistas internacionais, Olga Nogueira deu a conhecer as novidades musicais do entorno redondelán. Resumiu tamén a iniciativa de intercambio cultural entre Galiza e Catalunya, a Foliada, que se levará a cabo os vindeiros días 11, 12 e 13 de setembro. Nesta nova edición, vilas de toda Galiza (Boiro, Riveira, Cerceda, Burela), e vecinh*s de Catalunya visitarán a vila de Redondela para converter a vila dos Viaductos nun entorno de intercambio cultural e social.
Posteriormente, Olga deu paso ao grupo "Os Croquetas", que nos amenizaron cuns minutos da súa música folqui-punqui: música folqui-punqui!.
Rematados estes intres de música desternillante, comezaba a entrevista ao polifacético Toti, quen nos explicou, entre outras cousas: a historia do LIXO ROCK (nacido hai uns quince anos cos problemas dos verquidos de lixo producidos na marisma de Redondela, diversas personas e colectivos (sobre todo o extinto Josefá) xuntáronse para amosar o seu rexeitamento a estos verquidos, a modo de poesía, esculturas de lixo, e unha jam-session onde subía a tocar quén quixera. Pasados uns anos, Toti e Pedro Vilas colleron o mando do lixo rock, ata o día de hoxe, e cada vez máis consolidado como festival musical de Redondela); A Danza das Penlas e as Espadas, na Festa da Coca (trátase da danza tradicional por excelencia en Redondela, e segundo conta a lenda: "Na enseada de San Simón habitaba un dragón que raptaba as doncelas de Redondela. Os marinheiros, enfurecidos, enfrontáronse ao mesmo, e venceron!. Trouxeron a Coca (dragón) á vila, e danzaron en torno a el, tanto os marinheiros coas súas espadas, coma as meninhas da vila, montadas sobre as nais ("burras")"
A continuación, tivemos como actuación estelar, o novo gaiteiro da citada Danza das Penlas e as Espadas, "Vento" (o gaiteiro de San Martinho de Ventosela), acompanhado, entre outros do Tamborileiro Pereira (dono da taberna "Eicho de dar queridinha"); que tocaron un pequeno tema da Danza.
Pasados uns minutos, Os Quintelas ofreceron unha nova canción do seu repertorio, neste caso, unha jota!. Unha vez rematada a canción, Xurxo Souto entrevistou aos componhentes da murga, que deron a conhecer a historia da banda, e anécdotas varias. E preparando o final do programa, tocaron o conhecido tema "La casita de papel".
Pero antes de rematar, unha última entrevista, ao grupo de hip-hop Os trasnos de Moscoso, que xa estivera na I Edición do Festival MILLO VERDE.
Como fin de programa, en primeiro lugar cantouse o himno máis conhecida en Redondela, a canción de Xan Carallás (Xan Carallás). Rematada a canción, pechouse o programa cun último tema de Os Quintelas!.
Fin da emisión!, dunha tarde de festa, de alegría, e de... Radio-Transportación ao "PLANETA REDONDELA"!!!!
































