Tag-Archive for » Pasarrúas «

sábado, maio 30th, 2009 | Author: milloverde

Co fin de espallar o Festival  Millo Verde a tódolos puntos da vila de Redondela e ameniza-la festa, actuará o pasarrúas Os Veraneantes. A súa música sonará en diversas prazas e rúas da vila.

Os veraneantes naceron un dia facendo unha ruta por bares-tenda no baixo minho e paradanta, un ghicho mirounos nun bar e dixo que tinhan que ir ás festas do seu pobo. Meses despois recibiron a chamada do tipo. A primeira actuacion foi nas festas de Barcia,  no concello de Melon(Ourense).

A partir desta festa que foi un auténtico éxito; os Veraneantes prodigaranse por diversas festas e Festivais coma o Repercusión en Allariz, A Gresca, o Rebumbio, Festival da Poesía do Condado, etc.




View MV09: OS VERANEANTES in a larger map

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google