Som do Galpom no Millo Verde 2008

 

Seguimos a dar a conhecer a composición do cartaz da segunda edición do festival alternativo Millo Verde - Rock’on’dela. Dende A Moninha, o sábado poderemos disfrutar da banda de rap/funk Som do Galpom.som do galpom

Acercan de Som do Galpom
Som do Galpom nace en Decembro de 2005 nunha aldea (A Moniña) perto de Compostela. A verdade é que todos os integrantes do grupo traíamos múltiples e variadas propostas do tipo de música que queríamos facer. Sem embargo, todos coincidíamos en apostar por unha formación innovadora e orixinal que se apoiase nas raíces de tres estilos de música diferentes que, ao mesmo tempo, semellaban moi parellos como son: o funky, o reagge e o rap. De fondo, sentíase o latexo dunha idea que consistía en apoiar toda a nosa música sobre bases totalmente instrumentais. É dicir, pretendíamos dar un paso maís no panorama musical que vivimos neste S.XXI (era das máquinas) deixando de lado as produccións electrónicas.
No proxecto é importante a música pero, no noso caso, se lle dá moita importáncia á mensaxe, a todo aquelo que queremos e precisamos transmitir. Neste punto tamén houbo unha clara decisión e era que o noso idioma sería o Galego, a nosa lingua nai.
A partir destas premisas: por unha banda, a fusión do funky, do reagge e do rap e pola outra banda o xeito de facelo todo “a man” (con instrumentos) xurde o noso estilo própio con poucos precedentes. Dende este momento foron madurando composicións musicais e letras mentres nos medrabamos como musicos e persoas.
A primeira actuación tivo lugar en Xuño do 2006 e a resposta do público foi incríble polo que non puidemos deixar de ensaiar e tocar tentando incorporar canto antes maís temas ao noso repertório; entón comezou a viaxe que nos levou, a lo menos, por 30 concertos en Galiza chegando a lugares descoñecidos e, grazas a xente, gratificantes. A andanza descansou en Xaneiro de 2007, momento que adicamos á gravación do noso primeiro traballo con seis temas no seu interior.
Para este ano 2007 traemos algunhas variacións instrumentais que lle darán ao grupo unha maior preséncia e contundéncia musical enriba do escenário. Atopámonos cargados de enerxía e ganas de seguir tocando onde se preste para gozar ca música e ca xente. Polo demais o maís importante para nós é “chegarlle” ao público e tentar: que lles guste, que bailen, que escoiten, que canten, …; en fin, que disfruten da festa do Galpom!
Os proxectos de futuro son moitos ainda que coido que poderían ser resumidos en poucas palabras: dar concertos, ensaiar, facer novos temas e gravar o que será o noso segundo traballo.
Hai vai un pouco da nosa breve pero intensa experiencia abordo do barco das ilusións… Un saúdo do Som do Galpom, dende A Moniña… Pois como non!!!

Comentarios (1)