TIRO NA TESTA no Millo Verde 2008

Continuamos dando a conhecer a composición do cartel da segunda edición do festival Alternativo Millo Verde 2008. Desta tócalhe o turno a un grupo que xa formou parte do cartel da primeira edición, se ben tivo que suspender a súa actuación por motivo dunha inoportuna rotura de escafoides de última hora, sendo sustituidos pos Motor Perkins, banda á que pertencen varios dos seus membros. Dende Lalín teremos a presencia do grupo de punk/rock Tiro na testa.

tiro na testa

Acerca de Tiro Na Testa.
Pois ao principio eramos dous, pero tiñamos un Amiga que non era unha rapaza, senón un computador. E despois fomos tres pero soamente por dous días para voltar a ser dous, pronto apareceu un terceiro que non apareceu e desapareceu o seu teléfono. Pero acabamos de novo sendo tres, e por un tempo relativamente longo, para quedarmos de novo os dous que eramos ao principio cando nada mis que eramos dous e non tres. Ao pouco xa conseguimos de novo un terceiro, entón xa fomos tres outra vez por un tempo, e incluso chegamos a ser catro pero moi pouco, polo que realmente fomos tres, ata que un dos primeiros, de cando eramos dous pois xa non era ou , polo que, e por curto periodo estivemos de novo sendo dous pero non os mesmos que a outra vez. Enseguida de novo voltamos a ser tres e aquí está a nosa biografía.

Comentarios